sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

A AELG entregará a Batuko Tabanka o galardón de Mestras da Memoria 2020

Actuación en Burela de las Batuko Tabanka. AMA
Actuación en Burela de las Batuko Tabanka. AMA
O diploma que recibirán en maio recoñece á formación, integrada por mulleres de Cabo Verde residentes en Burela, o mérito de conservar a súa cultura popular ben lonxe da súa terra

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) distinguiu este ano co galardón Maestras da Memoria á agrupación cultural Batuko Tabanka de Burela, en recoñecemento á conservación e promoción da cultura popular de Cabo Verde a este grupo de mulleres africanas, asentadas na Mariña. Un acto no que compartirán protagonismo co músico Emilio Españadero, a quen se entregará o título Mestre da Memoria.

A entrega dos diplomas será o 30 de maio no transcurso dun acto que se celebrará no centro cultural do Vello Cárcere da capital luguesa. Un acto, no que ademais dalgunha actuación musical aínda sen concretar, farase unha semblanza dos homenaxeados a cargo de senllas persoas que están aínda por decidir, pero "o que buscamos é unha persoa coa que se sintan a gusto, pois é un acto festivo e emotivo", recorda Antonio Reigosa, integrante do grupo de traballo da sección de Literatura de Tradición Oral da AELG.

Reigosa entende que cumpre á perfección os méritos de "conservar, transmitir e recrear a cultura popular en diversos ámbitos"

Unha sección que é a encargada de propoñer aos galardonados a Mestres da Memoria, que despois deben ser ratificados na asamblea xeral, como así foi no caso de Españadero e das Batuko Tabanka, que son premiadas na oitava edición do certame.

Respecto á entidade burelá, Reigosa entende que cumpre á perfección os méritos de "conservar, transmitir e recrear a cultura popular en diversos ámbitos" cos que naceron estas distincións, "un pouco seguindo a directrices da Unesco que solicitou aos estados membros que fixesen un recoñecemento dos tesouros humanos vivos", no sentido da transmisión e creación da literatura popular.

Un fito que lograron as Batuko, que levan décadas fóra de Cabo Verde "e que teñen o mérito de manter a cultura das súas orixes estando por razón de supervivencia nunha cultura diferente e lonxe da súa terra", apunta o escritor mindoniense, quen alaba tamén o feito de que "integrarse noutra cultura non ten por que anularse unha a outra".

No 2009 publicaron o seu primeiro disco, Djunta mó, que traducido é Xuntemos as mans

Os diplomas adoitan concederse á xente que non ten unha gran visibilidade, que non é o caso das Batuko, que se formaron na década dos noventa e teñen unha importante repercusión nos diferentes eventos que promoven; mesmo teñen cantado con recoñecidos músicos galegos, participado en documentais e ofrecido concertos dentro e fóra de España.

No 2009 publicaron o seu primeiro disco, Djunta mó, que traducido é Xuntemos as mans, que é tamén o nome da gala solidaria que fixeron no Nadal para recadar fondos para comprar material para unha escola de Porto Mosquito.

A AELG entregará a Batuko Tabanka o galardón de Mestras da Memoria...
Comentarios