Acusado un veciño de Fazouro de tratar de atropelar e golpear a outro

Un coche de la Guardia Civil. AEP
photo_camera Un coche de la Guardia Civil. AEP

Os axentes da Garda Civil imputan en calidade de investigado a un focense de 60 anos, veciño da localidade de Fazouro, como presunto autor dun delito de lesións. Supostamente, o acusado tratou de atropelar a outro lugareño, que logrou zafarse do accidente, pero o presunto culpable baixóuse despois do vehículo para comezar a golpear cun pao á suposta víctima.

A Garda Civil non especifica se foi necesaria a presencia no lugar dunha ambulancia do 061 para asistir á suposta víctima das lesións, ocorridas o pasado 1 de decembro, en Fazouro.

A presunta víctima do intento de atropelo botouse ao chan xirando para evitar o accidente, co que acabou lesionándose contra a estrada e contra un muro.

A maiores, tivo tamén feridas ocasionadas polos golpes que recibíu co pao empregado polo acusado.

Descoñécese o motivo da inquina que provocou esta agresión, inflinxida por parte do sesaxenario que está sendo investigado debido ás presuntas lesións causadas contra outro veciño de Foz. Tampouco se tivo constancia do alcance das feridas, en principio leves.