sábado. 23.01.2021 |
El tiempo
sábado. 23.01.2021
El tiempo

Activada para este xoves a alerta laranxa por temporal costeiro na Mariña

Oleaje en A Mariña. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Oleaje en A Mariña. JOSÉ Mª ÁLVEZ
A partir das 00.00 horas do venres activarase na Montaña lucense a alerta amarela por presenza de neve

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta activou para este xoves, día 3 de decembro, a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral galego. 

Diso informou nun comunicado remitido aos medios, no que sinala que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), indica que o fenómeno meteorolóxico adverso empezará ao mediodía na Mariña lucense e no noroeste e oeste da provincia da Coruña. 

Pola tarde estenderase á costa de Pontevedra e ao suroeste do litoral coruñés, con ventos do oeste ou do noroeste de forza sete ou oito, e mar combinada do noroeste con ondas de até oito metros. 

Por este motivo, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, así como aos clubs náuticos, entre outros. 

NEVE. A partir das 00.00 horas activarase na Montaña lucense a alerta amarela por presenza de neve. 

Activada para este xoves a alerta laranxa por temporal costeiro na...
Comentarios