Unhas 10.000 persoas apoian en Viveiro os traballadores de Alcoa

Os manifestantes demandaron enerxía máis barata para asegurar o emprego na planta e contaron co apoio dos alcaldes da zona 
María Loureiro reclama garantías para o futuro da planta de Alcoa diante de 10.000 manifestantes. J.M. ÁLVEZ
photo_camera María Loureiro reclama garantías para o futuro da planta de Alcoa diante de 10.000 manifestantes. J.M. ÁLVEZ

Preto de 10.000 de persoas, chegadas de diferentes puntos da Coruña e Lugo, secundaron este domingo, 3 de novembro, a manifestación convocada en Viveiro polo comité de empresa de Alcoa-San Cibrao

Entre as súas demandas atópanse varias medidas que garantan o futuro da planta da multinacional no norte de Lugo, a única que mantén en España actualmente.

Ao termo interviñeron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o presidente do comité de empresa da Confederación Intersindical Galega (CIG), José Paleo. Este último agradeceu o apoio recibido por parte da cidadanía, manifestou que quere transmitir unha mensaxe "alta e clara" dunha "comarca unida" para que "sexa quen sexa" o goberno que salga das urnas o 10 de novembro, "a redución do custo da enerxético sexa unha prioridade".

Paleo subliñou que con esta mobilización o que se persegue é que o Goberno aprobe medidas para abaratar a enerxía "como as que existen xa noutros países da UE".

Ademais, cre que a partida de 25 millóns de axudas para a compensación dos custos derivados das emisións de CO2 (dióxido de carbono) é "insuficiente" para facer competitiva á planta lucense.

Na mesma liña expresouse a alcaldesa de Viveiro, a socialista agradeceu "a participación masiva" dos cidadáns da comarca na manifestación e apuntou que para o Goberno entrante "ten que ser unha prioridade de prioridades" o desenvolvemento de medidas para garantir o futuro da planta de Alcoa en San Cibrao, Cervo.

A edil resaltou a relevancia económica que a factoría ten para a comarca e apuntou que "Alcoa é o motor económico da Mariña e que se pecha sería unha hecatombe", ao que engadiu que se busca unha solución que de estabilidade para o seu futuro e que para conseguilo é preciso "a unión de todos".

RESPALDO DE ALCALDES

Alcaldes de toda a zona e representantes políticos de diferentes ideoloxías deixáronse ver tralas pancartas da cabeceira da mobilización. Entre outros apareceron os alcaldes e alcaldesas de Foz, Mondoñedo, Cervo, Xove, O Vicedo, Burela, Trabada, Ourol, Valadouro e Alfoz; así como o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

A deste domingo foi a cuarta mobilización convocada polo comité de empresa de Aloca-San Cibrao nas últimas semanas, xa houbo tres concentracións en Xove, Cervo e Burela, con alta participación.

Os traballadores ven en risco os postos de traballo se o goberno non articula instrumentos que permitan reducir o custo de produción do aluminio, máxime cando recentemente a multinacional anunciou un plan a cinco anos que inclúe peches e outras medidas.

Alcoa supón máis do 30% do PIB da provincia de Lugo e, ademais, entre emprego indirecto e directo dependen da fábrica ao redor de 3.000 persoas. A súa actividade repercute en toda a economía da Mariña especialmente no comercio e a hostalaría, destacan desde os sindicatos. 

Comentarios