Candidato do PP en Meira
Lugar de nacemento: Meira.
Primeiro ano como candidato: 2023.
Afeccións: O baloncesto, a familia e coñecer Galicia.
Óscar Fernández, enxeñeiro agrónomo, empresario e veciño da vila de Meira que, por formación e corazón, vive por e para o rural, preséntase á alcaldía deste municipio porque cre necesario un cambio de goberno para poñer a Meira no lugar que lle corresponde. Con absoluto compromiso coa súa localidade e a súa xente, traballa nun proxecto ilusionante e de futuro para o seu concello.
Ten experiencia no desenvolvemento de proxectos de carácter municipal e, pola súa profesión, coñece as ferramentas necesarias para dinamizar os sectores económicos das aldeas e lugares, en especial da actividade agrícola, gandeirae forestal.
Meira, cabeceira de comarca
"Quero desenvolver un proxecto de Concello que nos sitúe comoa verdadeira cabeceira de comarca que somos, dotando de servizos e oportunidades ás empresas e veciños co fin de potenciar a atracción de persoas doutros municipios", destaca plenamente convencido, pois este é un dos oito concellos lucenses que incrementaron poboación desde as anteriores elecciónso que demostra —di— "as elevadas potencialidades das que dispoñemos, polo que, suplindo as actuais carencias, Meira pode ver recuperar a súa transcendencia, nun rural en claro proceso de perda de poboación".
Os proxectos diferenciais do Concello de Meira realizáronse desde gobernos populares, como a escola infantil ou o parque profesor Río Barja, polo que afirma, "xa é tempo de recuperar o goberno municipal para continuar o bo traballo que se fixo desde a oposición e desenvolver novos proxectospara volver a recuperar a ilusión". Así, destaca que o seu compromiso cos veciños e veciñas é o de ilusionar mediante unha proposta alternativa que os teña conta, así como as súas necesidades.
Aposta pola mocidade
O alcaldable popular inclúe no seu proxecto politico unha clara aposta pola mocidade, de xeito que os nenos e nenas poidan ter unha oferta suficiente de actividades no Concello, sen que teñan que irse a outros lugares, ben sexan de tipo deportivas como culturais, para o que se fai prioritario dispor dunhas infraestruturas deportivas adecuadas e unha oferta cultural continua e de calidade.
Relacionado con isto, está traballando para desenvolver un proxecto formativo que dea novas oportunidades aos rapaces unha vez rematado o instituto, deforma que non marchen todos como ata o de agora, e poidan especializarse para ter un futuro laboral de calidade,que ademais poida atraer mozos á vila, sen esquecer as actuais necesidades dos centros formativos.
Impulso ao tecido empresarial
Óscar Fernández considera prioritario dinamizar o tecido empresarial eindustrial, mediante a mellorade servizos, posto que "somos un dos poucos concellos ruraisnos que todo o solo industrial está ocupado, o que nos está limitando á hora de competir por traer novas empresas quexeren postos de traballo".
Oferta turística atractiva e nova normativa urbanística
Potenciar o turismo mediante unha oferta atractiva de tipo cultural e deportiva e poñendo en valor os recursos de gran importancia que ten este concello, como son o nacemento do río Miño, a igrexa e o mosteiro cisterciense, a serra de Meira, etc, co que se fortalecerá o sector da hostalería é outro dos seus compromisos, como tamén o é desenvolver unha nova normativa urbanística, xa que a actual está totalmente obsoleta.
De feito, engade, "non permite a creación de nova vivenda nos lugares adecuados nin permite adecuar o IBI árealidade dun Concello rural".
O rural, no centro da acción política
Para este enxeñeiro arraigado no seu municipio é imprescindible dotar ao rural das mesmas oportunidades que teñen outros Concellos limítrofes, nos que existen concentracións parcelarias que fan máis competitivas ás explotacións. "Paréceme irrenunciable favorecer procesos de reorganización da propiedade, unha vez que todos os servizos básicosestean ao alcance de todos os veciños", conclúe.do Concello unha administración áxil, eficaz e resolutiva.

O Partido Popular, garantía de xestión