sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

A Xunta afirma que se reuniu xa co alcalde de Muras polo foco de tuberculose no gando

Vacas con tuberculosis. AEP
Vacas con tuberculosis. AEP

A delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo aclara que persoal da Consellería de Medio Rural xa mantivo un encontro con representantes municipais do Concello de Muras para abordar o brote de tuberculose na parroquia da Balsa, logo das críticas realizada polo concelleiro de Medio Rural murés, o socialista Mario Rouco, ante a falta de resposta á solicitude municipal dunha xuntanza co conselleiro para buscar solucións á citada problemática.

Dende o departamento autonómico aseguran que xa o pasado 8 de novembro se celebraba o encontro requerido polo goberno local, ao que asistiron o alcalde de Muras, o nacionalista Manuel Requeijo, e o concelleiro do PP, Jesús Trastoy. Tamén estiveron presentes o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, e a xefa territorial da Consellería de Medio Rural, Olga Iglesias, así coma persoal técnico deste departamento.

A delegación territorial da Xunta en Lugo precisa que a reunión se aproveitou para explicar o protocolo que se aplica nestes casos relacionados coa sanidade gandeira, ademais de resolver as dúbidas e outras cuestións que se presentaron relacionadas co seguimento do brote de tuberculose no gando vacún da comunidade de montes da Balsa.

Pola súa banda, o concelleiro Mario Rouco lamenta esta convocatoria "partidista" e asegura que o goberno local, que busca solucións ao problema "unido", non considera dito encontro unha resposta á súa petición, xa que dende o Concello esixiron unha xuntanza co conselleiro na que se abordase o problema con todos os implicados, o que incluiría a representantes dos gandeiros afectados, do Concello e da Xunta.

A Xunta afirma que se reuniu xa co alcalde de Muras polo foco de...
Comentarios