Alumnado do Ceip Paradai visita o colexio Aquilino Iglesia Alvariño

Os centros educativos de Abadín e de Lugo organizan conxuntamente a I Xornada de Inclusión Cultural e Convivencia
Alumnado do Ceip Paradai e do Ceip Aquilino Iglesia Alvariño. C.PÉREZ
photo_camera Alumnado do Ceip Paradai e do Ceip Aquilino Iglesia Alvariño. C.PÉREZ

A vintena de alumnos de cuarto, quinto e sexto de primaria do Ceip Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín deulle a benvida á trintena de escolares de sexto do Ceip Paradai de Lugo na que foi a segunda sesión de convivencia entre ambos centros no marco da I Xornada de Inclusión Cultural e Convivencia.

Visita á gandería A Vereda. C.PÉREZ
Visita á gandería A Vereda. C.PÉREZ

Se na visita dos escolares abadineses a Lugo puideron coñecer o MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo) e familiarizarse coa multiculturalidade do centro —conta con 21 nacionalidades distintas entre o alumnado— a través dunha exposición de vestimentas e de obxectos, da degustación de produtos típicos grazas á implicación das familias, ou saber máis do flamenco co relatorio de dúas representantes do Secretariado Xitano que son exalumnas do centro lugués, na celebrada onte tocou mergullarse no mundo rural.

Percorrido pola SAT. C.PÉREZ
Percorrido pola SAT. C.PÉREZ

Para facerse unha idea do que é o traballo agrogandeiro, os nenos e as nenas visitaron a SAT A Vereda de Castro de Rei, onde Manuel Sandamil, un dos socios, lles explicou o funcionamento da granxa, con case 500 cabezas de gando, as distintas etapas do crecemento dunha vaca —tivo especial éxito a visita ás xatas—, o proceso que segue o leite dende que se muxe ata que se merca no supermercado, ou a alimentación, para o que teñen "a superficie de 120 ou 130 campos de fútbol".

Explicacións de Manuel Sandamil. C.PÉREZ
Explicacións de Manuel Sandamil. C.PÉREZ

"Somos dúas comunidades educativas moi diferentes así que pensamos que podía ser enriquecedor", explican dende os centros, onde ambas direccións e diverso profesorado se implicaron para que o proxecto saíse adiante.

Visita á SAT A Vereda. C.PÉREZ
Visita á SAT A Vereda. C.PÉREZ

"Nós temos nenos de moitas nacionalidades e moitos deles non coñecen como é o noso rural, de que se vive, non tiveron esa experiencia", concreta Xiana Lourés, titora de sexto do Ceip Paradai, que acudiu acompañada de Susana Saqués, tamén titora de sexto, e da profesora Clara Balsa.

Visita á SAT A Vereda de Castro de Rei C.PÉREZ
Visita á SAT A Vereda de Castro de Rei C.PÉREZ

A xornada completouse cunha busca do tesouro no colexio, con equipos integrados por escolares dos dous centros, para seguir fortalecendo os lazos entre eles, tal e como explica Hugo Rubianes, orientador do colexio de Abadín, apoiado polas titoras de cuarto, Elena Rancaño, e de quinto e sexto, Tania Eiros.

Alumnado, coas xatas. C.PÉREZ (2)
Alumnado, coas xatas. C.PÉREZ 

Comentarios