Recunchos a descubrir

A Xestosa: a antiga tallería de Muras que quixo ser parroquia

Este lugar, a medio camiño entre a planicie chairega e a costa lucense, presume de patrimonio relixioso e dun amplo pasado educativo
Capela de San Antonio, na Xestosa, en Muras. MARTA MANCEBO
photo_camera Capela de San Antonio, na Xestosa, en Muras. MARTA MANCEBO
XESTOSA MURAS CAPELA SA(2) (3)O lugar
No alto da Gañidoira, en torno ao quilómetro 25 da LU-540, hai que tomar un desvío á man dereita cara ao Coto e continuar por esa estrada ata o campo da festa.
Curiosidades
O barrio contou cunha escola dende 1923 a 1986. A primeira mestra foi Matilde Bravo, a avoa da cantante Ana Belén. En 2011 iniciouse a Xuntanza de Escolares.
Reclamo turístico
A fervenza da Xestosa é un dos principais reclamos turísticos da zona. Fai de fronteira natural entre Muras e Ourol, aínda que o mellor acceso está neste último concello.

A 720 metros de altitude, e a medio camiño entre a planicie chairega e a costa lucense, sitúase unha vella tallería que quixo ser parroquia -solicitouno a principios do século XIX-. Aínda que non logrou a ansiada independencia, A Xestosa é aínda hoxe, cos seus nove lugares, moi importante para Muras.

XESTOSA MURAS CAPELA SA(2) (1)O seu nome é o mesmo que o do río que baña estas prósperas terras, unhas augas que tamén conforman unha fermosa fervenza que é ademais do máis visitado e fotografado da volta.

Pero ese non é o único reclamo para descubrir este recóndito paraíso rodeado de natureza no que a forza do vento fai que as súas montañas estén cheas de muíños xigantes.

No corazón do barrio, sitúase o campo da festa, no que hai un pequeno caseto, varios bancos de madeira antigos e unha fonte de pedra en funcionamento e decorada por unha cuncha de vieira.XESTOSA MURAS CAPELA SAN AN (2)

Arriba, nunha pequena atalaia natural, localízase a capela de San Antonio, unha antiga estrutura feita tamén en pedra que é un símbolo para A Xestosa.

Nesta contorna celébranse as tradicionais festas patronais e tamén outros eventos, como a Xuntanza de Escolares, que nos últimos anos devolveros á vida este recuncho rural de Muras.