domingo. 27.09.2020 |
El tiempo
domingo. 27.09.2020
El tiempo

Xermolos recorda aos Irmáns da Lexía o día 16 cunha ofrenda en Santa Mariña

Alfonso Blanco, fundador e coordinador de Xermolos. AEP
Alfonso Blanco, fundador e coordinador de Xermolos. AEP
O acto, organizado tamén polas peñas Bebel e Riazor Blues, xunto a outros colectivos, enmárcase no programa de actividades do XLI Festival de Pardiñas

Xermolos e as peñas Bebel e Riazor Blues, así como diversos colectivos, recordarán este domingo día 16, en Santa Mariña, aos Irmáns da Lexía, Jaurés, Bebel e France, que foron capturados e detidos na parroquia guitiricense cando trataban de fuxir tralo golpe de Estado de 1936.

A partir das 12.30 horas comezará o emotivo acto, que se enmarca no programa de actividades do XLI Festival de Pardiñas itinerante, e contará cunha ofrenda floral no monumento que foi erguido na honra dos tres irmáns. Ese xesto repetirase na fosa que foi aberta o pasado ano e na que se descubriron oito cadáveres de represaliados.

Así mesmo, haberá intervencións dos organizadores -as peñas deportivistas traballan neste memorial xa que Bebel fora xogador do Deportivo- e unha audición musical do cantautor arxentino Gustavo Fuentes, que dedicou un traballo aos Irmáns da Lexía. O acto rematará coa proxección dun vídeo sobre eles do centro social Gomes Gaioso, da Coruña.

OUTRAS ACTIVIDADES. Un día antes, o sábado 15, Parga será o epicentro do Festival de Pardiñas. Ás 19.00 horas dará inicio a presentación do libro Mini e Mero, no Centro de Iniciativas e Turismo (Cit) e, máis tarde, haberá cinema ao aire libre, tamén cos dous músicos como protagonistas dun documental.

Xermolos recorda aos Irmáns da Lexía o día 16 cunha ofrenda en...
Comentarios