Xermolos organiza este domingo a Festa da Fala no San Alberte

Haberá música en directo, a presentación dun libro, regueifas ou unha homenaxe a Manuel María
Lucía Gómez, mestra en audición e linguaxe en Guitiriz, presentará o seu librono San Alberte
photo_camera Lucía Gómez, mestra en audición e linguaxe en Guitiriz, presentará o seu libro no San Alberte. EP

A asociación cultural Xermolos, coincidindo coa que sería a celebración da tradicional Romaría do San Alberte, organiza este domingo 22 unha nova edición de la Festa da Fala no contorno do santuario medieval.

A cita inaugurarase ás 10.00 horas coa saída dunha andaina dende o Campo da Feira de Guitiriz ata a capela, seguindo a Ruta da Auga. Dúa horas máis tarde poderase unir quen queira no segundo punto de saída o CIT de Parga.

Paralelamente, ao longo de toda a mañá xa se poderá gozar de diversas actividades no propio San Alberte, onde haberá misas a partir das 10.00 horas e unha mostra de artesanía.

Richi Casás e Xurxo Souto, en cantando as Corenta. XESÚS PONTE
Richi Casás e Xurxo Souto. XESÚS PONTE

A sesión vermú, amenizada polos grupos locais Sons de Aldea e Bruxainas, está fixada para as 14.30 horas, momento no que quen o desexe tamén poderase sumarse á degustación gratuíta de liscos e de chourizos prevista pola organización.

As propostas continuarán a partir das 17.00 horas, coa presentación do libro Un legado infindo, da mestra Lucía Gómez; cun espectáculo con poesía e improvisación a cargo de Alba María e de Eva Teixeiro; e cunha homenaxe a Manuel María da man de Xurxo Souto e de Richi Casás.

"Celebramos a fala e a palabra, que é o que queremos que se manteña vivo no San Alberte, que ademais é un sitio precioso", destaca Alfonso Blanco, coordinador de Xermolos, entidade que conta co apoio do Grupo Porto e da comunidade de montes veciñais en man común de Sambreixo para organizar este evento popular.

Capela e cruceiro do San Alberte. C.PÉREZ
Capela e cruceiro do San Alberte. C.PÉREZ

Comentarios