Xermade amplía o cemiterio parroquial de Roupar con 32 novos nichos

Dentro das actuacións do plan único contempladas nesta parroquia tamén se inclúe un proxecto de renovación de beirarrúas
Flores en un cementerio. PIXABAY
photo_camera Flores en un cementerio. PIXABAY

O Concello de Xermade proxecta unha amplicación do cemiterio parroquial de Roupar, que suporá a creación dun total de 32 novos nichos.

O alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, precisou que esta obra, que responde a unha demanda formulada polos veciños, se financia con cargo aos fondos que lle corresponden ao Concello do plan único da Deputación Provincial de Lugo do ano 2020.

Así, destinarase un orzamento total de 12.130,71 euros á construción de oito novos panteóns no camponsanto desta parroquia xermadesa, cada un dos cales contará con catro nichos dispostos en columna.

BEIRARRÚAS. Dentro das actuacións do plan único contempladas nesta parroquia xermadesa tamén se inclúe un proxecto de renovación de beirarrúas no núcleo de Roupar de Arriba, co obxectivo de mellorar a seguridade no contorno da antiga escola habaneira, hoxe usada como local social, posto que as existentes sofren un importante deterioro.

O rexedor municipal concretou que se reserva un orzamento de 25.270,35 euros para a primeira fase deste proxecto, que supón a renovación do tramo da marxe dereita da estrada provincial LU-P-2202, concretamente dende a encrucillada ata o edificio escolar.

Comentarios