Recunchos a descubrir

Xerbolés: o lugar elixido pola Santiña milagreira

A imaxe da Virxe das Virtudes colocada nun peto de ánimas ao pé da LU-760 atrae a numerosos devotos, que lle deixan flores ou esmolas 
A capela das Virtudes de Xerbolés
photo_camera A capela das Virtudes de Xerbolés
O lugar
Xerbolés é un lugar da parroquia de Cirio, no concello de Pol. Para chegar desde Mosteiro hai que coller a LU-760 e a menos de dous quilómetros de costas á estrada están a imaxe e o peto de ánimas da Virxe das Virtudes. 
Curiosidades
Hai uns anos a figura da santa foi sustraída do peto de ánimas e apareceu nunha leira próxima a carón do río.
Historia
A 800 metros da Santiña hai unha ruta que leva ata a capela do século XVII que foi restaurada recentemente polos veciños.

Din que a fe move montañas e diso saben moito en Pol, concretamente no núcleo de Xerbolés, en Cirio, onde a imaxe da Virxe das Virtudes colocada nun peto de ánimas atrae a numerosos devotos que acoden para colocarlle flores, deixarlle limosnas ou rezarlle as súas plegarias.

Un recuncho á beira da estrada LU-760 foi o lugar escollido pola Santiña para aparecerse e desde aquelas converteuse na protectora do contorno, rodeado de natureza, onde a paisaxe emite unha fermosa melodía que atrae ao visitante. 

Precisamente a menos dun quilómetro da imaxe da Virxe, nunha frondosa paisaxe, agochada entre o silencio das chousas e o cantar dos paxaros, emerxe a capela das Virtudes, un templo do século XVII restaurado non hai moito polos veciños e onde antigamente se celebraba unha romaría das máis coñecidas na zona.

Cartel coa imaxe da Santiña e indicacións para chegar á capela
Cartel coa imaxe da Santiña e indicacións para chegar á capela

Xente de toda a comarca acudía a renderlle culto ás virxes das Virtudes e dos Milagres nunha misa que sempre estaba ateigada de devotos. Os músicos eran os encargados de poñer o broche final a esa celebración e, subidos enriba do robusto palco da festa de pedra con forma circular que aínda se conserva hoxe fronte á igrexa, facían gozar os romeiros. 

Comentarios