Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

Voladura: unha explosión de rock

Voladura, grupo rock meirego. EP
Voladura, grupo rock meirego. EP

O grupo meirego botou a andar hai un par de anos entre amigos nun garaxe, pero xa eran antes afeccionados á música

Unha voladura é unha detonación controlada, pero tamén se emprega cando algo produce reparo ou vergoña. Agora tamén é un grupo de "rock de garaxe, porque ensaiamos nun garaxe de Meira".

Suso López é un dos integrantes de Voladura, o que no fondo é "un grupo de cinco amigos que comezamos a tocar cando eramos máis novos", define este mozo meirego. O que comezou como unha afección, hoxe xa vai polo segundo ano de percorrido ("o primeiro concerto foi nas Meirendas de 2016"), aínda que antes de ter este explosivo nome foron durante varios anos PanZ.

Coma en case todo, os comezos non foron sinxelos debido, sobre todo, ao medo escénico. O propio Suso di que "o primeiro concerto como PanZ foi o segundo peor día da miña vida" e aínda hoxe "dá algo de voladura. Segue habendo nervios pero é lóxico, así se transmite a emoción ao público".

Entre ano farán cinco concertos, os últimos este mércores no Clavicémbalo de Lugo e o venres no Tibor de Meira 

Nas súas actuacións un pode atoparse con baladas, pero tamén con punki ou rock bravú e é que "a cada un gústanos un estilo. A un gústalle Metallica e, en cambio, eu prefiro cantautores italianos, franceses ou españois. Ó final, todo acaba confluíndo no rock", explica o vocalista.

No repertorio dos seus concertos tamén se coan versións, "como un popurrí de Siniestro Total, algunha de Heredeiros da Crus... Pero case todas son orixinais", compostas con grans aportados polos cinco integrantes. Iso si, "case todas son cancións en galego, é algo que nos gusta recalcar", di Suso López.

Estes mozos meiregos teñen na axenda deste ano cinco concertos, "tres xa os fixemos e quedan outros dous". Un deles será és mércores 5 no Clavicémbalo, en Lugo, mentres que o venres 7 tocarán na casa: no Tibor de Meira.

O obxectivos do grupo son incrementar o número de actuacións e gravar una maqueta

Polo momento, os bares están sendo o seu escenario, aínda que recoñecen que «para o ano que vén gustarianos dar algún concerto máis, tanto en locais como en festivais», polo que crearon a páxina de Facebook Voladura para dar a coñecer ao mundo o seu traballo.

En Meira e comarca xa os coñecen, o que non quita que "queiramos saír da nosa zona de confort. É máis fácil, pero o público tamén é máis esixente", recoñece o artista ao mesmo tempo que incide en que "estamos empezando e sabemos que hai cousas que non facemos ben de todo. Cando levemos 20 concertos máis ao mellor comezamos a ter táboas".

En mente está crear novos temas ("e ogallá sacar unha maqueta") cos que sorprender aos que aínda non coñecen o que é a verdadeira Voladura.

Voladura: unha explosión de rock
Comentarios