Vilalba despide as festas patronais co Día das Parroquias, adicado a Nete

Os veciños, que chegaron á igrexa de Santa María cunha numerosa representación e a golpe de música, pediron "amparo e protección" e fixeron unha ofrenda chea de "froitos da terra"
Pasarrúas a cargo da agrupación Muestra Nete. M. MANCEBO
photo_camera Pasarrúas a cargo da agrupación Muestra Nete. M. MANCEBO

Logo de máis de dúas intensas semanas cheas de actividades, Vilalba despediuse onte ao grande das súas festas patronais. Fíxoo co tradicional Día das Parroquias, que estivo adicado a San Cosme de Nete, que se volcou de cheo coa celebración logo de dous anos de espera pola pandemia.

Ducias de veciños participaron nunha xornada  "moi especial" que arrincou cunha concentración multitudinaria ao pé da casa consistorial, dende donde partiu a comitiva. Animados polas melodías tradicionais da agrupación Mestura de Nete, autoridades e veciños -a gran maioría portaba un pano azul no que se podía ler "amizade, activismo, unión, aprecio, traballo e alegría", calificativos cos que se identifican- desprazáronse ata a igrexa de Santa María, onde tivo lugar a misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, e a tradicional ofrenda.

Mercedes Ferreiro, pedánea da parroquia, explicou que Nete "é unha aldea pequena" como tantas outras de Galicia, na que as casas "nas que antes había moita vida" vanse pechando polo descenso poboación e o abandono do rural.

Tres das pequenas que fixeron a ofrenda a San Ramón e Santa María. M. MANCEBO
Tres das pequenas que fixeron a ofrenda a San Ramón e Santa María. M. MANCEBO

 

"Isto non quere decir que nos consideremos unha aldea pasiva, triste ou baleira. Máis ben todo o contrario. Afortunadamente os nosos veciños son activos e traballadores", asegurou Ferreiro, lembrando que a entidade veciñal, que vén de cumprir 25 anos, promove moitas actividades "que axudan a manter viva a nosa parroquia".

Ferreiro pediu "amparo e protección" para os seus veciños e os de toda Vilalba, mentres 15 rapaces da parroquia entregaron en varias cestas unha ofrenda chea de "froitos da nosa terra" e do "noso traballo", reivindicou.

Logo da misa, a festa trasladouse ao exterior do templo, onde Mestura de Nete arrincouse a tocar varios temas máis. A programación proseguiu coa sesión vermú coa orquestra Fuego. Pola tarde houbo o espectáculo Don Gaiferos e o dragón e, á noite, o concerto de Treixadura, co que se puxo o punto e final.

BALANCE. O Concello organizou por primeira vez os festexos na nova normalidade e fixo un balance positivo. "Desempeñáronse cunha boa climatoloxía, nunhas circunstancias favorables e temos o convencemento que os veciños están satisfeitos", manifestou a rexedora, Elba Veleiro, mentres a edila de cultura, Vanesa Siso, destacou o esforzo que se fixo para ofrecer unha programación "diversa e para todos os públicos".

Comentarios