viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

Vilalba conmemora o centenario da primeira asamblea das Irmandades da Fala

Villares, Barreiro e Baamonde, nas xornadas sobre as Irmandades da Fala de Vilalba. CHEMAFEL
Villares, Barreiro e Baamonde, nas xornadas sobre as Irmandades da Fala de Vilalba. CHEMAFEL

O Iescha e o Consello da Cultura Galega, coa colaboración do Concello de Vilalba organizan dúas xornadas de actos que culminan maña cunha ofrenda floral no monolito conmemorativo da constitución da entidade na capital chairega

A proxección dun audiovisual sobre as Irmandades da Fala e unha conferencia de Ramón Villares Paz déronlle forma a primeira das dúas xornadas que acolle Vilalba para conmemorar o Centenario da I Asamblea das Irmandades da Fala.

A presentación destes actos tivo lugar hoxe vernes na casa da cultura da capital chairega e correu a cargo da presidenta do Iescha, Marisa Barreiro, entidade organizadora xunto ao Consello da Cultura Galega, e de Agustín Baamonde Díaz, alcalde do Concello de Vilalba, que colabora con esta iniciativa.

Os actos teñen continuidade este sábado, día 17, a partir das 10.30 horas, cunha mesa redonda na que se falará da figura do político e escritor vilalbés Lois Peña Novo, cofundador da entidade en Vilalba. Interveñen Uxío Breogán Diéguez, Alberte Currás Gato, Emilio Insua López e Manuel Roca Cendán.

O grupo de guitarras do conservatorio da capital chairega, Pizzicato Trío, ofrecerá un recital ás 12.00 horas, música que servirá de introdución para a conferencia de Encarna Otero Cededa As mulleres e as Irmadandades da Fala.

Os actos, aos que está previsto que se sume a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco, despediranse ás 14.00 horas na Rúa Valeriano Valdesuso, cunha ofrenda floral no monolito que conmemora o centenario da constitución das Irmandades da Fala en Vilalba.

Vilalba conmemora o centenario da primeira asamblea das Irmandades...
Comentarios