domingo. 16.05.2021 |
El tiempo
domingo. 16.05.2021
El tiempo

Vilalba busca datas alternativas para o FIV

Una edición pasada del FIV. ARCHIVO
Una edición pasada del FIV. ARCHIVO
O Concello confirma que non se celebrará en abril por mor da situación sanitaria

O Concello de Vilalba descartou a celebración do FIV no mes de abril e valora xa novas datas para conseguir manter a edición de 2021, logo de que a pandemia obrigara a suspender a do ano pasado. 

Segundo se indica nun comunicado, o Concello está a facer "todos os esforzos por conseguir manter a edición de 2021 nunha nova data, cun formato adaptado a actual situación sanitaria na que se garantice a seguridade sanitaria como prioridade máxima".

Desde o goberno municipal búscase unha data alternativa ao entender que o festival "debe ser un impulso para a recuperación económica da vila" e de sectores moi perxudicados pola pandemia como son "o turismo, a cultura e a hostelería". As novas datas daranse a coñecer "próximamente".

Vilalba busca datas alternativas para o FIV
Comentarios