jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

Vilalba Aberta refórzase para concorrer como partido independente ás locais

Rueda de prensa de Vilalba Aberta. EP
Rueda de prensa de Vilalba Aberta. EP
A presentación do proxecto terá lugar este sábado, baixo o lema Máis que un partido, nun acto con micro aberto para "darlle voz aos vilalbeses"

Vilalba Aberta anunciou reforza a súa estrutura orgánica co obxectivo de poñer as bases para a constitución dun "partido-movemento" e ser "alternativa de goberno" fronte ao PSOE e o PP nas eleccións locais do 2023.

Así, vén de constituír unha coordinadora, "elixida por sufraxio" entre os participantes da súa asamblea. Un órgano executivo "sempre subordinado ao mandato da propia asamblea" e estruturado en once responsabilidade e en cuxa cabeza se atopará o novo responsable de organización.

Polo de agora resérvanse a posiblidade de dar ningún nome ata a celebración na Praza da Constitución dunha asamblea-festa este sábado 9, na que ademais dos integrantes da nova coordinadora tamén se presentará o proxecto político. "Aínda non podemos falar de perfís; mais o documento estatutario no que estamos a traballar separa as responsabilidades institucional e orgánica, consagrando a máxima de unha persoa un cargo, co que isto representa en termos de oportunidade de cara a que cada vez máis compañeiros/as dean un paso adiante", apuntou a vicevoceira municipal, María Xosé Fernández.

O citado documento recolle tamén que Vilalba Aberta concorrerá ás eleccións municipais co seu propio partido instrumental e únicamente coa marca VA, descartando "formar parte de ningún paraugas instrumental con outras candidaturas", como fixeron en anteriores comicios.

A presentación do sábado, baixo o lema Máis que un partido, será con micro aberto á veciñanza para "darlle voz aos vilalbeses". O voceiro municipal, Modesto Renda, apuntou que queren lograr unha organización "cada vez máis transversal, reforzando o contacto co asociacionismo veciñal, empresarial e cultural".

Vilalba Aberta refórzase para concorrer como partido independente...
Comentarios