O confinamento de

Víctor Corral: "O xardín é o meu paraíso, onde gozo da natureza"

O escultor de Baamonde bota de menos as moitas visitas que recibía a diario na súa casa-museo e desexa que pase a crise para poder volver recibir o agarimo da xente
Víctor Corral, na súa casa-museo. JAMY CORRAL
photo_camera Víctor Corral, na súa casa-museo. JAMY CORRAL

Onde está a pasar o confinamento? 
Na casa e no meu xardín, que como din os franceses, é ‘le paradis’, é o meu paraíso. Ten case 2.000 metros cadrados e nel gozo moito da natureza. Como me gusta tanto a natureza estou agradecido porque non hai contaminación ningunha. Considérome un privilexiado por poder pasar este tempo respirando e podendo disfrutar e vendo esta primavera, que é unha preciosidade, non sería o mesmo pasalo no inverno. Este é un tempo alegre, no que estás integrado na natureza. 

Como o soporta, que cousas fai día a día?

Todos os días fago ximnasia e recoméndolle á xente, aínda que estea nun piso, que faga exercicio e lea moito. Tamén traballo no xardín, onde podo disfrutar distas, vese ata Santalla de Pena, e estou facendo algunha escultura contemporánea. E tamén podo debuxar, facer fotografías, escribir, etc.

Que será o primeiro que fará cando saia? 

Teño o museo cerrado, así que me gustará reabrilo para a xente, porque teño moitas novidades e moita ilusión por ensinar a miña arte. Todos os artistas traballamos para o público, para a sociedade. Para min é unha falta grande a cantidade de xente que viña, boto moito de menos os seus bicos e os seus abrazos, as súas fecilitacións, que eran algo continuo.

Que lección saca de todo isto, positiva e negativa?

Isto que está a pasar é algo descoñecido para a nosa idade, nunca viramos isto e como dicía, boto de menos o contacto coa xente. O único que lle vexo de positivo é o descanso que supón e a redución da contaminación. Antes por enriba de Baamonde pasaban máis de cen avións deixando as súas estelas e agora xa non pasan.

Creou algunha obra inspirada no coronavirus?

Si, cando todo esto comezaba fixen un debuxo. É un retrato dunha muller china coa mascarilla. Creo que é un gran debuxo, aínda que son só catro raias, pero ás veces dise máis así que con debuxo completo. En todas as épocas os artistas reflectiron a actualidade e a situación que lles tocou vivir.

Comentarios