A VI Ruta do Tapeo da Pastoriza celébrase do 1 ao 4 de novembro

O Castro, Esquina, Xarope e O Cruceiro son os catro locais que servirán as propostas, a un prezo único de dous euros

Os catro establecementos que hai no casco urbano da Pastoriza participan dende este xoves, día 1, ata o domingo 4 na VI Ruta de Tapeo, na que todas as propostas se servirán ao prezo único de dous euros. Entre o xoves e o sábado, poderanse degustar dende as oito da tarde ata a medianoite, mentres que o domingo será só ao mediodía, de 12.00 a 15.30.

Nesta nova edición, os hostaleiros quixeron ir un paso máis alá e propoñen novidades, apostando pola animación na rúa, coa actuación de dous grupos musicais tanto o venres coma o sábado. Ademais, repartirán diversos premios entre os clientes que saboreen as tapas.

Dous grupos musicais animaran aos clientes nas noites do venres e do sábado

Aqueles que completen a ruta e as caten todas poderán entrar no sorteo de 250 euros en metálico, aínda que este non será o único agasallo, xa que os que teñan polo menos un selo optarán a un curso de condución no circuíto de kárting da Pastoriza ou a un impermeable softshell

Os propios hostaleiros ceden tamén cadanseu premio. O Cruceiro achega un curso de tiro con arco e unha cea para dúas persoas, a Esquina regala un décimo da lotaría de Nadal, o Xarope entrega un vale por cinco copas e o restaurante O Castro, unha cea para dúas persoas

Os organizadores contan coa colaboración do Concello da Pastoriza, a Escuela PTC e a imprenta Miprint.

As catro tapas


Restaurante O Castro. Paspallás con trinxat. A ave acompáñase cun prato propio das masías catalanas, un sofrito de bacon, pataca e repolo; xunto a unha marmelada de pemento e unha salsa agrad 


Café Bar EsquinaTenreira á Esquina. Proposta a base de carne de tenreira, pataca, pemento, tomate e unha crepe


Café Bar XaropeCrocante de gulas. Tosta de ovo revolto con gulas, pemento de piquillo e espárragos trigueros, xunto a unha salsa verde


Taberna O CruceiroCostela agridulce. Costela de porco servida con cachelos e unha torta caseira

Comentarios