martes. 31.03.2020 |
El tiempo
martes. 31.03.2020
El tiempo

A velocidade chega á Serra de Meira o 21 coa primeira baixada de carrilanas

Membros da asociación e do Concello de Meira, na presentación da proba. T.LÓPEZ
Membros da asociación e do Concello de Meira, na presentación da proba. T.LÓPEZ
Seis veciños crean unha asociación para impulsar o deporte de inercia. O circuíto, de 2,8 quilómetros, pasa polo Pedregal de Irimia

A vila de Meira estrearase este domingo no circuíto galego de carrilanas cunha proba que reunirá uns 30 participantes e que está impulsada por un novo colectivo que pretende achegar os deportes de inercia ao municipio.

"O noso obxectivo é ir aprendendo, porque somos novatos neste aspecto, e seguir facendo probas, mellorando e nun futuro poder organizar un campionato de España", explica Jordi Carballal, o presidente da Asociación de Carrilanas Os Meiregos.

A proba deste domingo será puntuable para a Copa Norte —igual que o foi a de Abadín o domingo pasado— e incluirá un percorrido de 2,8 kilómetros pola Serra de Meira, dende o alto ata a aula da natureza, pasando polo Pedregal de Irimia.

"Somos moi afeccionados aos rallies e ao motor e levabamos moito tempo coa idea na cabeza", di o presidente do colectivo, ao tempo que explica que como na baixada non hai moitas curvas, habilitaron o que definen como portas para diminuír velocidade.

"Levamos traballando dende o mes de outubro do ano pasado. O máis complicado é o tema económico, conseguir fondos, pero temos a colaboración do Concello de Meira e de varios negocios", manifestaron os organizadores.

As verificacións técnicas empezarán a partir das 11.00 horas nun parque pechado diante da igrexa de Santa María e a proba comezará ás 15.00. "A ver que din os asistentes, pero esperamos que todo saia ben", conclúe.

A velocidade chega á Serra de Meira o 21 coa primeira baixada de...
Comentarios