Veciños e familias do Ceip de Baamonde manifestánse polo posible peche do centro

De producirse, veríanse os nenos veríanse obrigados a trasladarse ao Ceip Virxe do Corpiño de Begonte 
photo_camera Na marcha, que partiu da igrexa parroquial ata chegar ao centro educativo percorrendo a Nacional VI, decenas de persoas vestidas de negro e con pancartas escenificaron o “enterro da ensinanza pública e da vida no rural”

Veciños e familias do Ceip de Baamonde manifestáronse polo seu rexeitamento ao posible peche do colexio. Na marcha, que partiu da igrexa parroquial ata chegar ao centro educativo percorrendo a Nacional VI, decenas de persoas vestidas de negro e con pancartas escenificaron o “enterro da ensinanza pública e da vida no rural”, como mostra de apoio a que se manteña o Ceip aberto, en lugar de destinar as súas instalacións a conservatorio profesional de música, tal e como proxecta o Concello.

No caso de levarse a cabo este extremo, os 30 alumnos do colexio de Baamonde, ao que acoden tamén pequenos de parroquias próximas, veríanse obrigados a trasladarse ao Ceip Virxe do Corpiño de Begonte.

Comentarios