Van Kraft crea un mural sobre Rosalía de Castro no contorno do Parador vilalbés

Vicepresidencia da Deputación e Iescha impulsan este proxecto artístico, que ocupará uns 80 metros cadrados
Inicio da creación do mural dedicado a Rosalía en Vilalba, a cargo de Van Kraft. C.PÉREZ
photo_camera Inicio da creación do mural dedicado a Rosalía en Vilalba, a cargo de Van Kraft. C.PÉREZ

Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) colaboran na creación dun mural dedicado a Rosalía de Castro no contorno do Parador de Vilalba, que se encarga de materializar o artista Pablo Lage Van Kraft, con raíces na capital chairega.

O proxecto lévase a cabo estes días nun lateral dun edificio situado na Rúa Conde Pallares, xunto ao acceso aos xardíns do Parador. Contará cunha gama de cores adaptada ao contorno e ocupará unha superficie duns 80 metros cadrados.

O diseño leva por título A fiestra de Rosalía e suporá "unha mestura de técnicas e de representacións tradicionais e modernas" da autora de Cantares Gallegos, segundo detallan os promotores dunha intervención artística que se enmarca dentro das propostas culturais que Vicepresidencia desenvolveu nos últimos tres anos en distintos espazos públicos para reivindicar a figura da escritora.

Pola súa banda, o Iescha tamén promoveu a puesta en valor de Rosalía en Vilalba cun monolito na súa honra, obra do canteiro José Gómez de Bernardo Pepón, nun parque que tamén leva o seu nome tras aprobar o Concello a proposta da entidade.

Comentarios