Resulta ferido na Pastoriza logo de envorcar o vehículo no que viaxaba

O home precisou de axuda para saír do coche, pero non foi precisa a excarcelación

Un home resultou ferido logo de envorcar o seu vehículo na N-640 ao seu paso por Marco de Álvare, na Pastoriza.

O condutor, un septuaxenario, quedou atrapado ao volcar o vehículo e tiveron que axudarlle a saír. Deuse aviso aos bombeiros para excarcelar, pero cando chegaron o home xa estaba fóra.

A vítima estivo consciente en todo momento e foi evacuado ao Hula en ambulancia do 061. Ao punto tamén acudiu a Garda Civil de Tráfico.

Comentarios