Trasladan a parada de taxis de Guitiriz polas obras na Casa da Botica

Nova ubicación dos taxis en Guitiriz. CPR
photo_camera Nova ubicación dos taxis en Guitiriz. CPR

A parada de taxi de Guitiriz cambia de lugar esta semana por mor do inicio das obras de restauración da Casa da Botica para convertela nunha residencia de maiores.

O Concello chegou a un acordo cos taxistas para buscar un punto de estacionamento alternativo. Este fixouse practicamente enfrente do lugar que ocupaban agora, ao outro lado da rúa, ao pé da beirarrúa da casa do concello. O novo espazo dispón dunhas dimensións similares as que ocupaba o oco do que dispoñían ata o de agora.

Operarios municipais xa levaron a cabo en días pasados a sinalización horizontal para definir a zona reservada para o estacionamento dos taxistas, que tamén disporán dunha nova caseta de madeira para acubillar o teléfono, en sustitución da vella estrutura que había ao outro lado da rúa e que será retirada.

A parada de taxis permanecerá na nova localización como mínimo os meses durante os que se prolonguen as obras e, unha vez rematadas estas, estudarase se o emprazamento actual se converte en permanente ou se pola contra os vehículos de servizo público volven ao posto que ocupaban hasta este momento.

Comentarios