Os transportistas do carbón reiniciarán as protestas tras catro meses sen traballo

Os camións volverán a Madrid e iniciaranse encerros en varios concellos 
Marcha reivindicativa de los transportistas del carbón del pasado julio. CRISTINA ARIAS
photo_camera Marcha reivindicativa de los transportistas del carbón. CRISTINA ARIAS

Os transportistas do carbón volverán sacar os camións ás estradas para reiniciar as protestas ante a falta de traballo. Este mércores cúmprense catro meses sen actividade debido ao parón da térmica pontesa, que afronta unha situación complexa ante a suba do prezo do CO2.

Mañá os transportistas convocarán unha asemblea para decidir as medidas que se tomarán a curto prazo, pero o obxectivo do colectivo é volver a Madrid co maior número de camións posible e con todo o apoio que consigan. Ademais, iniciaranse encerros en varios concellos, non só no das Pontes, como se fixo ata agora.

Os transportistas, os primeiros afectados polo parón da central, non son os únicos que se enfrontan ás consecuencias da falta de actividade da térmica. Así, os traballadores das auxiliares convocaron un paro dunha hora para este mércores.

Os traballadores das auxiliares convocaron un paro dunha hora para este mércores. Será ás 12.00 horas na rotonda da Vilavella 

A folga será ás 12.00 horas na rotonda da Vilavella, na entrada da central, e dende os sindicatos animan a todos os veciños a secundala «deixando para o mes de setembro as convocatorias doutras medidas de presión, que poidan ser apoiadas por outros sectores económicos», explican.

Endesa está realizando probas na central pontesa para buscar alternativas e tratar de conseguir un combustible máis barato para poder entrar no mercado. No ámbito político, sinálase a necesidade de quitarlle ao carbón o céntimo verde.

Comentarios