Tradición entre millo e castañas en Pontoibo

A asociación de veciños e mulleres do barrio pontés organizou un novo concurso de esfolla e un magosto 

Certamen de esfolla en Pontoibo. EP
photo_camera Certame de esfolla en Pontoibo. EP

Unha vez máis o barrio pontés de Pontoibo, que leva anos recreando o tempo das mallas, apostou pola tradición cunha festa que uniu o millo e as castañas nunha única xornada. Así, dentro do programa do quinto magosto que organiza a Asociación de Veciños e Mulleres Rurais de Pontoibo, incluíuse un novo concurso de esfolla. 

Ducias de espigas para cada grupo e un reto común, acabar o máis axiña posible. Participaron tres, formados por dez persoas cada un, e o premio foi para a velocidade de Vanesa V., Vanesa C., Alberto V., Alberto C., Ángel, Tino, Juan, Pepe, Pablo e Lucita, que conseguiron un xamón de sete quilos e dúas botellas de viño. Os segundos levaron un queixo do Eume e marmelo e os terceiros, un lacón e chourizos. 

Non foron os únicos premios. Edmundo, Vanesa P. e Isabel, que conseguiron localizar as tres espigas raíñas —estaban mesturadas entre todas e marcadas cun papel— foron galardoados con senllas ceas —os vales xa os poden recoller no bar Somozas ou no Ortegal—. 

"É unha cita que está funcionando ben, cada ano hai máis participación", explican dende a asociación, mentres indican que no magosto se superaron os 150 comensais. Houbo baile amenizado polo trío Galicia e actuacións de baile latino.  

Certamen de esfolla en Pontoibo. EP

Comentarios