Un tobogán acuático de 35 metros estará en Guitiriz ata o domingo 8

As atraccións gratuítas Gravity e Selva, de 18 metros, están situadas no aparcamento da Rúa Boa Veciña, cun horario de 11.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas 
undefined
photo_camera Primeiros veciños en achegárense ao tobogán situado na Rúa Boa Veciña. T. FORJA

Os nenos e as nenas de Guitiriz xa poden desfrutar dos dous tobogáns acuáticos que instalou o Concello no aparcamento da Rúa Boa Veciña. Os inchables estarán ata o domingo día 8 en horario de 11.30 a 14.00 horas, nas mañás, e de 16.00 a 19.30 horas, nas tardes, e pecharán en caso de chuvia.

O uso dos tobogáns é gratuíto, pero cómpre anotarse previamente nas propias instalacións. Ademais controlarase durante o seu uso que se cumpra o protocolo covid. 

O inchable de maior tamaño, Gravity, ten 35 metros de lonxitude e para o seu uso esíxese ter unha altura mínima de 1,5 metros. Así mesmo, para os máis pequenos instalouse tamén un inchable de menores dimensións, Selva, que está formado por dous tobogáns de 18 metros.

Comentarios