A 'Thunnus burguer' do Recuncho gaña o VIII Concurso de Tapas de Meira

A singular 'Thunnus burguer' elaborada polo Recuncho dos Soños para o VIII Concurso de Tapas de Meira fíxose co beneplácito do público, que a designou a través das súas votacións coma a proposta gañadora do certame.

O podio deste popular concurso gastronómico organizado polo Concello coa colaboración dos hostaleiros, completouse cos pratos 'Finger de polo con ovo recheo', do mesón O Pozo, e cun empate a votos na terceira posición entre o 'Taco Flor', da Flor, e os 'Surtidos del mar' da tapería O Arguiñano.

O certame meirego, no que participaron un total dez locais de hostalaría dende o 30 de maio ata o 2 de xuño, buscou tamén recompensar a aqueles clientes que saboreasen todas as proposta e emitisen os seus votos, de maneira que entre os que completaron a ruta sorteaba tres vales de compra por un valor total de 600 euros.

Así,veciños de Pol e de Castro de Rei fixéronse coas recompensas previstas de 300, 200 e 100 euros, que se poderán gastar nos establecementos comerciais de Meira. 

Comentarios