miércoles. 18.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 18.05.2022
El tiempo

Ferretaría París: "Teremos cousas do fogar e do campo, ademais de taller"

Rocío e David, da ferretaría París. EP
Rocío e David, da ferretaría París. EP

Tras ano e medio rexentando un taller de maquinaria de xardinaría en Muimenta, a parella formada por David Rodríguez París e Rocío Souto Vilanova decidiu dar un paso máis no seu negocio e abrir tamén unha ferretaría, que se inaugura este sábado no polígono de Muimenta. Haberá petiscos a partir das 13.30 horas

Por que Muimenta?

Eu son de Abeledo, en Abadín, e Rocío é de Lugo, así que escollemos Muimenta porque hai ano e medio apareceu a oportunidade de montar un taller de maquinaria de xardinaría no polígono, nunha nave asequible. Era algo pequena, así que hai medio ano, máis ou menos, cambiámonos para a actual —na parcela I6— e, como tiña un amplo espazo para exposición, decidimos montar a ferretaría. Ademais, Muimenta é un lugar que está ben comunicado e que nos cadraba preto.

E conta cun polígono que está en expansión.

Si. Nesta zona hai moita gandaría e iso move moito. De feito, a tal punto tódalas naves están ocupadas.

Que ofrecerán na ferretaría París?

Teremos algo de todo, pero sobre todo basado no fogar e no campo, con moitos utensilios domésticos e de xardinaría que se complementarán co taller que xa temos e que ofrece un servizo do que non hai moito na localidade.

Quen estará á fronte?

Na ferretaría estará atendendo Rocío e meu irmán e eu centrarémonos na parte de taller, aínda que tamén estaremos asesorando sobre cuestións máis técnicas na tenda.

De que horario dispoñen?

De luns a venres permaneceremos abertos de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas. Os sábados só estaremos pola mañá, de 10.00 a 14.00.

Abren esta nova parte do seu negocio. Celebrarano dun xeito especial?

Si, temos petiscos e bebidas para todos os que nos visiten a partir das 13.30 horas e, ademais, contaremos cun cortador de xamón.

Ferretaría París: "Teremos cousas do fogar e do campo, ademais de...