O restaurante La Casilla gaña o VII Que Bo Estás Guitiriz!

Os clientes do certame, que repartiu unhas 18.000 tapas en once días, distinguiron a 'Vieira en sopa de mar' coma a mellor proposta, seguida de 'Variante xa!!!', do Recreo de Parga, e de 'Se non hai lomo... de todo como', de Casa Guinea dos Vilares.

VII Que Bo Estás Guitiriz! (7)
photo_camera Tapa do restaurante La Casilla, 'Vieira en sopa de mar'. C.PÉREZ

O sétimo concurso de tapas Que Bo Estás Guitiriz!, no que participaron do 7 ao 17 deste mes de marzo un total de 14 locais de hostalaría, xa ten gañadores. A proposta Vieira en sopa de mar do restaurante La Casilla conseguiu a mellor valoración por parte do público, situándose no máis alto dun podio que completaron o bar Recreo de Parga con Variante xa!!! e Casa Guinea dos Vilares con Se non hai lomo... de todo como.

A asociación de hosteiros De Bares, que organiza o concurso coa colaboración do Concello, Fotografía Kantero, Automóviles Losada, Estrella Galicia e Coto Mayor, preciso que nos once días que durou o certame os locais participantes, espallados polo casco urbano guitiricense, Parga e Os Vilares, prepararon ao redor de 18.000 tapas.

Como todos os anos, a convocatoria ten unha vertente solidaria, ao doarse cinco céntimos de cada tapa servida, ademais de doazóns que poidan facer os clientes a maiores, a unha causa benéfica. Nesta ocasión, De Bares dediciu apoiar aos equipos de fútbol local, polo que o 25% dos 960 euros recadados irán a parar as arcas do Parga de veteranos e os resto será para axudar á SD Guitiriz, que conta con tres equipos. 

Comentarios