lunes. 06.07.2020 |
El tiempo
lunes. 06.07.2020
El tiempo

Tania Luaces, psicóloga: "O ser humano é resiliente, pode afrontar moitas máis cousas das que cremos"

A pastoricense Tania Luaces inaugorou en marzo de 2020 na Coruña Aloumiños Psicoloxía, un proxecto co que busca pór en práctica os seus coñecementos como psicóloga sanitaria e especialista en neuropsicoloxía. 

Tania Luaces-interiorQue servizos ofrece? 
Os tres piares son a atención e orientación psicolóxica, a neuropsicoloxía e a psicoeducación, tanto con atención presencial como online ou a domicilio para adultos, maiores, poboación infantil e adolescentes. 

Cal é a consulta máis común? 
A ansiedade ou o estrés laboral e problemas de parella. Tamén hai queixas de falta de memoria ou de atención, que por norma xeral agochan outros aspectos como depresión, algún dó sen resolver, falta de coñecemento persoal ou demasiado foco externo e non no interior. Queremos mostrar o mellor aos demais, pero poucas veces ser mellores para nós e iso implica unha gran carga. 

Como pode afectar este tempo de confinamento? 
Pasou factura, primeiro ao collernos por sorpresa e encerrarnos sen entender moi ben que ocorría. Hoxe o problema está en volver a retomar o día a día. Obsérvanse tensións, medos, respeto... e tamén incomodidade de manter as medidas, co que moita xente decide seguir illado. Levará un tempo de adaptación, pero confío en que en breve irá solventándose. O ser humano é tremendamente resiliente, está preparado para afrontar moitísimas máis cousas das que podemos crer. 

Ve factible que a xente cambie logo desta experiencia? 
É algo no que levo reflexionado bastante con colegas de profesión e con amigos e familia, e non o teño claro. O mundo tivo que afrontar un inimigo descoñecido e ao comezo brotou a solidariedade na loita común, pero o ser humano amosa con frecuencia unha memoria a curto prazo e teño dúbidas de que perduren no tempo, tanto como deberan, actitudes que afloraron no confinamento e que nos fixeron ser mellores como sociedade.

Tania Luaces, psicóloga: "O ser humano é resiliente, pode afrontar...
Comentarios