O subdelegado de Defensa visita Vilalba

A alcaldesa Elba Veleiro acolleu no concello a Juan José Fernández Arrojo
Juan José Fernández Arrojo no concello de Vilalba. EP
photo_camera Juan José Fernández Arrojo no concello de Vilalba. EP

O Concello de Vilalba acolleu a visita de Juan José Fernández Arrojo, subdelegado de Defensa en Lugo, onde foi recibido pola alcaldesa, Elba Veleiro; a concelleira de Educación, Infancia e Mercados, Antía Rama; o concelleiro de Infraestruturas, Luís Fernández; e o concelleiro de Medio Ambiente e Rural, Ignacio Criado.

O encontro co coronel serviu de presentación oficial tralo seu nomeamento o pasado mes de xullo. Tanto Juan José Fernández Arrojo como Elba Veleiro amosaron a súa disposición para fixar lazos de colaboración entre ambas institucións co obxectivo de mellorar o servizo á cidadanía.

O subdelegado de Defensa en Lugo e a corporación municipal vilalbesa conversaron sobre a actualidade social e repasaron o vivido nos últimos anos, especialmente durante a etapa da pandemia. Ademais, Elba Veleiro trasladoulle o recoñecemento e gratitude "pola labor realizada en todo momento por parte das forzas armadas que velan pola seguridade e os dereitos dos cidadáns".

Tras este primeiro encontro, tanto Juan José Fernández Arrojo como a corporación municipal de Vilalba expresaron o seu desexo de que a colabroación entre ambas institucións no futuro permita desenvolver iniciativas comúns de tipo cultural, formativo ou divulgativo.

Comentarios