lunes. 18.11.2019 |
El tiempo
lunes. 18.11.2019
El tiempo

A startup do arquitecto vilalbés Javier Sanjurjo gaña un premio en Berlín

2019101419495144000
2019101419495144000
Cabin Experience foi a proposta elixida polo voto popular entre as 17 candidatas que concorrían ao certame Make It Lean Contest

De neno, o vilalbés Javier Sanjurjo soñada con construír unha cabana no bosque, onde desconectar do mundo. De adulto, convertido en arquitecto e coa axuda do seu socio, Charles-Louis Melchior, esta ilusión está moito máis preto de converterse en realidade, sobre todo despois de que o seu proxecto, Cabin Experience, acabe de gañar o concurso Make It Lean Contest en Alemaña.

Afincado en Berlín dende hai oito anos, o vilalbés decidiu concorrer a este prestixoso certame, no que competían un total de 17 startups que se enfrontaban á valoración popular, non só pola recompensa económica de 5.000 euros coa que está dotado, senón tamén polo apoio "en materia de asesoramento e a rede de contactos profesionais" que lle suporá ao seu proxecto por parte da Startup Incubator Berlin.

"Co premio gañamos moita visibilidade tanto en Alemaña como en Europa, algo moi importante para nós por tratarse dun proxecto baseado na comunidade", recoñece Javier, que destaca que ademais, grazas ao concurso, puideron sumar meses de experiencia en workshops e construír unha base solida "para seguir facendo crecer o noso proxecto".

"Queremos dar as grazas a todos os que nos apoiaron e en especial á xente da miña terra, onde todo o mundo se volcou", apunta o arquitecto vilalbés, lembrando que a súa proposta tivo unha grande acollida e mesmo antes de facerse co premio xa houbo quen se interesou pola súa startup.

Cabin Experience busca impulsar a construción de cabanas sostibles, elaboradas con materiais propios dos lugares onde se sitúen. "Nos próximos meses desenvolveremos unha primeira plataforma para ofrecer aos usuarios a posibilidade de dar a coñecer as súas parcelas e de ser copropietarios das nosas cabanas", explica Javier Sanjurjo sobre un proceso «interactivo» onde serán os usuarios os que marquen o camiño a seguir.

A startup do arquitecto vilalbés Javier Sanjurjo gaña un premio en...
Comentarios