O Spa Attica 21 ofrecerá descontos aos socios e xogadores do Rácing Vilalbés

O club chairego asinou un acordo de colaboración co hotel de Santaballa
Directivos do Vilalbés e do Spa. EP
photo_camera Directivos do Vilalbés e do Spa. EP

O Rácing Club Vilalbés vén de asinar un acordo de colaboración co Spa Attica 21 que permitirá aos socios, abonados e xogadores dos distintos equipos cos que conta o club chairego gozar de importantes descontos nas instalacións do hotel de Santaballa.

Nas entradas individuais ao spa terán un 50% de desconto de luns a xoves, mentres que de venres a domingo, así como os festivos e vísperas de ponte, será do 30%.

Ademais, os bonos sénior, os tratamentos, masaxes, produtos de cosmética e as reservas de aloxamento contarán cun 10% de desconto para todos os socios e xogadores.

A isto sumaranse as ventaxas ás que se poderán acoller os grupos, será necesario que vaian un máximo de dez persoas, entre as que se inclúe unha sesión de spa por 15 euros, sesión de spa e almorzo por 38, ou spa, tratamento e almorzo por 62.

Requisitos para acceder

O establecemento hostaleiro vilalbés solicitará documentación acreditativa da pertenza ao club e o DNI correspondente. Os familiares deberán ir acompañados dunha persoa que sexa socia da entidade deportiva chairega.

Comentarios