SonDaRúa ofrece un concerto este venres en Vilalba

O Iescha promove esta actuación, que se celebrará a partir das 22.30 horas no palco da música, con entrada de balde
SonDaRúa. PLAYPLAN
photo_camera SonDaRúa. PLAYPLAN

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza este venres un concerto da banda pontevedresa SonDaRúa, que actuará a partir das 22.30 horas no palco da música da Praza da Constitución da capital chairega, con entrada de balde.

O grupo de Ponteareas, fundado en 2016 e integrado por Hugo Guezeta, Álex Arnoso e That Bass, interpretará temas do seu primeiro disco de longa duración, Eterno Combate, un traballo ecléctico editado pola discográfica PlayPlan e que conta con divesas colaboracións.