Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

Sogama premia o labor das ecopatrullas do Mato Vizoso

Alumnos do Ceip Mato Vizoso que conforman as ecopatrullas. CRISTINA ARIAS
Alumnos do Ceip Mato Vizoso que conforman as ecopatrullas. CRISTINA ARIAS

Uns 40 escolares de 4º de primaria organízanse para controlar que os patios se manteñan limpos nos recreos e que os compañeiros reciclen 

As ecopatrullas do colexio vilalbés Mato Vizoso recibiron o terceiro premio do concurso Recíclate con Sogama 2017-18, un certame no que participaron centros de toda Galicia e que se organiza para introducir e desenvolver a reciclaxe nas aulas.

O colexio vilalbés, que se estreou este ano, fíxoo con Reduticiclar, un proxecto pioneiro que arrancou este curso pero que se pretende manter no centro nos próximos anos.

"A idea xurdiu entre un par de profes e decidimos organizar ecopatrullas cos nenos de 4º de primaria coa idea de que cada ano sexa este curso o encargado", explica Patricia Bermúdez, a coordinadora do proxecto xunto a Begoña Goás, Ana Belén Otero, Rocío Pereira, Maite López, María José García e María José Díaz.

As ecopatrullas -apuntáronse ao redor de 40 alumnos de forma voluntaria- organízanse en parellas e hai dúas por recreo. Cada unha debe vixiar un dos dous patios para que se manteña limpo, ao tempo que tratan de potenciar a reciclaxe entre os compañeiros.

"Acollérono moi ben, con moita responsabilidade e se revisas os contenedores vense os resultados", explica a profesora, que indica que Sogama lles cedeu unha illa de reciclaxe para un dos patios e para o outro pedíronlla ao Concello. "A maiores o colexio comprou máis papeleras", engade.

Pese a que hai multas estipuladas para quen tira un papel ao chan ou non recicla, as ecopatrullas puxeron "moi poucas" e ningunha pasou dunha falta leve, de cinco minutos sen recreo.

O premio, ademais dun apoio para seguir, concédelle ao centro escolar de Vilalba 200 euros para material escolar. O primeiro posto foi para Ourense e o segundo, para Val do Dubra.

Sogama premia o labor das ecopatrullas do Mato Vizoso
Comentarios