A socialista Morandeira toma o bastón de mando de mans de Polín en Guitiriz

Estréase na alcaldía cun grupo que ten maioría absoluta con sete concelleiros

Novo equipo de goberno de Guitiriz. EP
photo_camera Novo equipo de goberno de Guitiriz. EP

A maioría absoluta obtida polo PSOE en Guitiriz nas eleccións municipais do 26 de maio aseguráballe a Marisol Morandeira unha investidura sen dificultades na xornada deste sábado, na que tomou posesión como nova alcaldesa.

Morandeira recibiu o bastón de mando de mans da tamén socialista Regina Polín, que ocupou o cargo 12 anos. Non foron consecutivos, porque estivo catro na oposición.

O grupo socialista da debutante Morandeira conta con sete concelleiros, fronte aos cinco do PP e ao que ten o BNG.

Comentarios