Sito Martínez: "Haberá música de orquesteo o 31, 1, 4 e 5 nos dous locais"

O empresario vilalbés, propietario da coctelería 80/20 e da hamburguesería 27oitocentos, resume algunhas das actividades que promoverán con motivo das festas do San Ramón
Moisés Martínez 'Sito', propietario do 80/20 e o 27oitocentos de Vilalba. EP
photo_camera Moisés Martínez 'Sito', propietario do 80/20 e o 27oitocentos de Vilalba. EP

Que iniciativas teñen previsto promover nestas datas?

Levamos un tempo organizando sesións vermú no 80/20 os domingos de feira. Funcionan bastante ben, así que pensamos en organizalas tamén os
días grandes das festas. O 31 de agosto e o 1, 4 e 5 de setembro. Faranse simultaneamente nos dous locais, tamén no 27 oitocentos.

Que ofrecerán aos clientes?

Teremos música de orquesteo e, aínda que non se poderá bailar, a xente poderá desfrutar do seu vermú sentados e escoitando música. Ademais, como novidade, no 80/20, que non é un local de tapas, si se ofrecerán petiscos durante eses días.

Haberá que reservar?

Sabemos que terá moita demanda, así que estamos avisando á xente para que reserve. Pode facelo vía WhatsApp ou chamando ao 678.90.86.34. Temos solicitada autorización de terraza e pretendemos ocupar toda a superficie que nos permita o Concello.

O 27 oitocentos está de primeiro aniversario. Preparan algunha novidade para celebralo?

Si, acabamos de producir a nosa salsa picante ‘27 infernos’, en colaboración coa empresa Factoría de Lume, de Narón. E tamén temos xa dispoñible a hamburguesa Pipetilla, que leva unha pipeta con salsa para poder dosificar a cantidade que se desexa. Leva 400 gramos de carne de tenreira galega suprema certificada e 100 de catro queixos.

A pandemia obriga a reinventarse?

É adaptarse ou morrer. É un sector dinámico e cambiante. Estamos sempre pendentes das publicacións da Xunta, dos niveis de contaxios e restricións, das reunións de expertos. Temos a responsabilidade de cumprir e facer cumprir a norma.

Comentarios