Arranca en Vilalba a semana do queixo de San Simón máis especial

Haberá unha serie de actividades virtuais en substitución da tradicional feira, suspendida pola pandemia
No vídeo promocional participan os queixeiros de San Simón da Costa. FB
photo_camera No vídeo promocional participan os queixeiros de San Simón da Costa. FB

A Festa do Queixo de San Simón da Costa de Vilalba rrincou este mércores nun formato moi especial. Esta edición non se celebrará a tradicional feira presencial, pero si haberá distintas actividades virtuais.

Un exemplo é o vídeo lanzado este mércores no que os queixeiros e queixeiras da denominación de orixe mandan unha mensaxe de esperanza, co desexo de que en 2022 se volva á normalide, e no que explican como se elabora este delicioso manxar. 

Participan no vídeo Iván Díaz (Don Gabino), María Cuba (Don Crisanto), Javier Piñeiro (Fontelas), Modesto Toubes (CasLeiras), Maikel Fernández (Prestes), Daniel Pérez (Daniberto) e Olga Ribeira (Catadoiro).

"Esta semana iremos descubrindo unha ampla variedade de fórmulas para degustalo, sen esquecer que o noso queixo de San Simón destaca por si mesmo", indican desde a organización.

Comentarios