Setenta persoas tocarán 'No surrender' polo Springsteen Day no lago

Ademais do concerto colectivo, tamén actuarán os grupos Stormy Mondays, Debosses e On Fire
Lago de As Pontes. M.MANCEBO
photo_camera Lago das Pontes, onde se celebrará o evento. M.MANCEBO

O lago das Pontes acolle o vindeiro sábado, día 3, o Springsteen Day, unha xornada para conmemorar a música de Bruce Springsteen e na que 70 persoas interpretarán de xeito colectivo No surrender, o himno do compositor estadounidense.

Ademais, no evento, que comezará ás 18.15 horas e rematará sobre as 22.15, actuarán Stormy Mondays, un grupo de folk-rock radicado en Oviedo; Debosses, banda tributo a Bruce Springsteen; e On Fire, que lle rende homenaxe á música de Jimi Hendrix.

Trátase dunha iniciativa con antecedentes como o Rockin 1000 en Italia ou o No Surrender Day en Cataluña

Esta iniciativa, cuxo acceso será totalmente libre, foi ideada polos colectivos de fans de Springsteen, que contan coa colaboración do Concello das Pontes. Así mesmo, hai numerosos antecedentes a este evento, como foi o Rockin 1000, que comezou en Italia e no que centos de músicos interpretaron temas de Foo Fighters para lograr que a banda actuase nunha pequena localidade, ou o No Surrender Day, en Cataluña.

Comentarios