miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

O Sergas instala puntos para realizar test covid en Vilalba, Sarria, Viveiro e Ribadeo

Realización de test de antígenos en la delegacion de Sanidade en Lugo. SEBAS SENANDE
Realización de test de antígenos en la delegacion de Sanidade en Lugo. SEBAS SENANDE
Súmanse aos que xa funcionan en Lugo, Monforte e Burela

A xerencia da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos abrirá o próximo luns novos puntos para a realización de probas diagnósticas de covid-19 nos concellos de Vilalba, Sarria, Viveiro e Ribadeo.

Estes novos puntos habilitados súmanse aos que xa funcionan en Lugo, Monforte e Burela, "co obxectivo de facilitar á poboación a realización de test para a detección do covid e diminuír a transmisión da enfermidade, fundamentalmente, entre persoas asintomáticas", apunta Sanidade nun comunicado.

Deste xeito, no distrito centro da provincia de Lugo funcionarán os seguintes puntos.

  • Lugo: na Xefatura Territorial de Sanidade, situada na rúa Montevideo, ao que se poderá acudir de luns a domingo en horario de 15:30 a 20:30 horas.
  • Vilalba: funcionará os martes, xoves e sábado, en horario de 16:00 a 20:00 horas, no auditorio Carmen Estévez (Rúa das Pedreiras).
  • Sarria: o punto para a realización de probas estará emprazado na Casa do Marqués (Praza da Vila) e funcionará os luns, mércores e venres en horario de 16:00 a 20:00 horas.

No distrito sur da provincia, continúa funcionando de luns a venres, en horario de 15:00 a 20:00 horas, o punto situado na zona de consultas externas do Hospital de Monforte (edificio novo).

No distrito norte da provincia a realización de probas esténdese aos concellos de Viveiro e Ribadeo, ademais do punto que xa funciona en Burela.

  • Burela: de luns a domingo en horario de 12:00 a 18:00 horas, na Casa do Mar (rúa Rosalía de Castro).
  • Ribadeo: poderase acudir os luns, mércores e venres en horario de 10:00 a 14:00 horas ao Polideportivo Municipal (Avenida de Luarca).
  • Viveiro: funcionará os martes, xoves e sábado, en horario de 10:00 a 14:00 horas na sala multiusos do edificio do Concello de Viveiro.

O Sergas instala puntos para realizar test covid en Vilalba,...
Comentarios