TALES PAIS, TALES FILLOS

"O de ser fillos é unha condición. Son fillos na casa, traballadores aquí"

Javier Balado, con 64 anos, rexenta un negocio funerario que xa iniciaron seus pais e no que agora traballan seus fillos, Jorge, de 40, e Javier, de 37 

Serfuja, en Castro de Ribeira de Lea. C.ARIAS
photo_camera Serfuja, en Castro de Ribeira de Lea. C.ARIAS

Javier, a segunda xeración do negocio,  bota a vista atrás para recordar os comezos, cando Javier e Emilia, seus pais, deron os primeiros pasos en 1948. "Empezaron con nada e diñeiro prestado", di dun negocio que cambiou moito.

El tomou as rendas en 1994 e seu fillos foron sumándose. "Nós nunca fomos de fóra, nacemos no medio de  todo isto, desde pequeniños axudabamos e cada vez vaste involucrando máis", explica Jorge, que fala dunha profesión "vocacional" á que chegou "por decisión propia".

Entrou de cheo no ano 2000. Seu irmán, volveu para quedarse en 2015. "O que sería un lastre é que viñeran
forzados. Están libremente, pero sempre procurei que isto fora unha empresa. O feito de ser fillo é unha  condición. Son fillos na casa e na empresa, traballadores", indica Javier, pero recoñece "unha parte  sentimental, afectiva, de interese persoal na mesma dimensión" que vai máis alá.

"A maioría das cousas de traballar en familia son positivas, pero o intelixente é saber separar as cuestións de  familia das de traballo. Ben é certo que hai un sentimento de orgullo porque a empresa forma parte de ti e da  túa vida", explica a terceira xeración, e aínda que recoñecen que quizais hai máis discusións, "porque hai máis intereses compartidos", destacan moitas vantaxes, que "acaban beneficiando ao propio cliente".

"Suponse que se traslada nun mellor servizo", din, e falan dun negocio no que están en contacto continuo coa morte e a carón da xente nos seus momentos máis duros. "A nosa preocupación é que as familias se  sintan arroupadas para que ese trance sexa máis levadeiro", din. Eles teñen que facer un pouco de  "asepsia". "Como noutro negocio, non podes levar o sentimento dos demais para a casa, pero iso non significa que non compartas a dor", indican.

Serfuja. Acompañamento dende o próximo 
O negocio familiar suma 21 traballadores, incluido o persoal de Jorba Flor, que rexenta Jorge. A empresa, convertida en SL en 1994 cando asume a xerencia a segunda xeración, suma dous tanatorios, un en Castro, que abriu en 1998, e en Lugo, en 2016. 

Comentarios