"Sempre adoito facer algo para celebrar que o restaurante cumpre anos"

José Ángel Maseda organiza unha cea baile no Asador O Cabuxo para conmemorar o décimo quinto aniversario do local
José Ángel Maseda, propietario do Asador O Cabuxo. AEP.
photo_camera José Ángel Maseda, propietario do Asador O Cabuxo. AEP.

O Asador O Cabuxo celebra o sábado, 3 de decembro, unha cea baile para conmemorar o que será o seu décimo quinto aniversario, unha data moi esperada. Xa é tradición ademais que haxa eventos que conmemoren o aniversario do restaurante de Muimenta, ademais de noutras fechas, sendo típicas as súas xornadas gastronómicas de elaboracións como son o cabuxo asado ao forno de pedra, que é un dos seus pratos estrela.

Como xurdiu a idea de facer este evento?
Sempre adoito facer algo para conmemorar que o restaurante cumpre anos, de feito non é a primeira vez que facemos unha cea baile. Foi algo que me apeteceu e que considerei oportuno, e entón planificámolo e sacámolo adiante.

Que fixo outros anos para conmemorar o aniversario?
É algo que depende sempre moito, pero teño feito xornadas gastronómicas e outros eventos relacionados coa comida, como poden ser ceas, como vai ser a deste ano.

Cal vai ser o menú desta cea baile?
O entrante vai ser xamón ibérico, que estará seguido de polbo á feira. Despois vai haber ameixas á mariñeira, e o plato principal vai ser costela de tenreira asada en forno de leña e acompañada de patacas panadeiras. Para o postre temos tarta de froitos vermellos e nata, e despois café. O viño vai ser un Crego do Monaguillo. Ten un custo de 30 euros.

E despois de cear, cal vai ser o procedemento?
A cea vai ser no comedor, e despois vaise sair á nova terraza exterior, que imos aproveitar para facer o baile, que será dende ás 00.00 ata as 03.00 horas, aproximadamente. A música está a cargo de Lorena Ferro, cantante que participou no Luar.

Comentarios