sábado. 19.10.2019 |
El tiempo
sábado. 19.10.2019
El tiempo

As XV Xornadas Interxeracionais de Cabreiros celebran a súa segunda sesión

Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros. M.MANCEBO
Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros. M.MANCEBO

O programa incluíu unha charla sobre coidado dental, outra sobre as aportacións á comunidade que fan dende o Centro Ocupacional de Vilalba e dende A Xanela nas Pontes, e un laboratorio de radio

As XV Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros celebraron este sábado a súa segunda sesión cun amplo programa de actividades, que arrincou cunha charla sobre coidado dental, impartida pola odontóloga Vanesa Pena Arosa, da clínica Hermanos Buitrón López de Roupar.

Seguidamente, subíronse ao escenario a directora do Centro Ocupacional de Vilalba, Belén Varela; a terapeuta ocupacional, Guadalupe Lago, e a educadora social, Tania Pardo, ambas representando á asociación de discapacitados activos A Xanela das Pontes.

Na táboa redonda, presentada por Noelia Popupariña, abordáronse algunhas das aportacións que estos dous centros fan á comunidade na que desenvolven a súa actividade.

Xa na sesión de tarde, celebrouse a cuarta edición do Laboratorio de Radio, dirixido por Lucía Abarrategui e Sergio Pascual. O obradoiro, moderado por Manuela Vilaboy, abordou temas sociais, culturais e políticos do concello de Xermade.

A última sesión das Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros terá lugar o vindeiro 8 de xuño, que incluirá no seu programa una charla sobre a velutina, unha peza teatral e una táboa redonda sobre experiencias emprendedoras no municipio.

As XV Xornadas Interxeracionais de Cabreiros celebran a súa segunda...
Comentarios