viernes. 28.02.2020 |
El tiempo
viernes. 28.02.2020
El tiempo

Ángel Morandeira: "Seguiremos na liña que había antes, pero co noso toque"

Ángel Morandeira. EP
Ángel Morandeira. EP
O restaurante A Ruta Esmeralda de Baamonde reabre este domingo as súas portas da man dun novo xerente, o friolés Ángel Morandeira

O restaurante A Ruta Esmeralda de Baamonde reabre as súas portas este domingo, día 2, a partir das 19.00 horas e faino da man do friolés Ángel Morandeira.

Que hai programado para ese día?

Na reapertura teremos degustación gratuíta de churrasco e de tapas variadas, a modo de aperitivo do que imos ofrecer tódolos días. E tamén convidaremos á segunda consumición.

Cal será a especialidade?

O churrasco á grella. De feito, no menú teremos tódolos días este prato e callos, ademais doutras propostas, por dez euros. Será un menú enfocado a transportistas e traballadores e, na fin de semana, teremos outro máis especial por 14 euros.

É un local situado nun lugar estratéxico...

A verdade é que si, en pleno Camiño de Santiago, ademais de contar con gasolineira e un amplo aparcamento.

Xa coñecía A Ruta Esmeralda?

Si, fai 25 anos xa ía comer alí e tal e como estaba funcionando ía de marabilla. Nós seguiremos na mesma liña que había antes, pero co noso toque.

Cal será ese toque?

Os pratos que ofreceremos serán feitos con produtos da zona e caseiros. Encargarase da cociña a miña muller.

Ángel Morandeira: "Seguiremos na liña que había antes, pero co noso...
Comentarios