Miércoles. 12.12.2018 |
El tiempo
Miércoles. 12.12.2018
El tiempo

Alfonso Blanco: "Se morren as aldeas, morre Galicia"

Cabalos da ruta ecuestra. C.PÉREZ
Cabalos da ruta ecuestra. C.PÉREZ

O pregoeiro lembrou a Díaz Castro e a súa querenza polo rural galego, herdada polos seus veciños da romaría dos Vilares

Xosé María Díaz Castro, malia a coñecer múltiples linguas e vivir a maior parte da súa vida lonxe do seu berce, "sempre ficou na cultura que mamara aquí no Vilariño, orgulloso dela", descatou o coordinador de Xermolos, Alfonso Blanco, no pregón da XXVIII Romaría Labrega da Chaira dos Vilares (Guitiriz), un encontro que fai "memoria dos vosos antepasados", dunha época na que "as veciñanzas enchían de música e cántigas os traballos que se facían en grupo; as segas, a mallas... Convertían as duras tarefas en festa e iso, para Alfonso "foi fo mellor que eles nos deixaron".

Ese espírito labrego, destacou Alfonso, tamén o souberon transmitir o gaiteiro Belonio ou Casemiro de Arxeriz, aos que Os Ceibes de Xermolos lembraron con música nun pregón no que tamén se oíron os versos de Díaz Castro, grazas as voces de Aida e de Raúl. Ou Francisco Paz, ese veciño do Cancelo que deseñou a carballeira na que se fai a romaría vilarega.

"Se morren as aldeas, morre Galicia", sentenciou o pregoeiro, gabando a herdanza "transcendental que transmite esta festa", que na súa primeira xornada contou cunha actividades ecuestres, mostra de artesanía, xogos infantís e música coa Escola Municipal de Guitiriz, Os Campantes da Baña, As Faíscas da Pontraga e Leirabuxo.

Hoxe recuperanse traballos case perdidos, coma a sega con fouciña e a malla do trigo, ademais dunha paseo en bicicleta, unha festa da escuma e a primeira carreira de cortacéspede. Da animación musical encargaranse Os Feroces da Galgueira e Moruxeiras.

Alfonso Blanco: "Se morren as aldeas, morre Galicia"
Comentarios