Un San Simón con moito gusto

Un total de 38 establecementos participan no duodécimo concurso de tapas, que remata o 31 de marzo.  

CONCURSO TAPAS VILALBA (2)
photo_camera Concurso de tapas do queixo San Simón da Costa de Vilalba. S.IGLESIA

Un dos concursos de tapas máis lonxevos e tamén máis específicos, ao ser o queixo de San Simón un ingrediente esencial en todas as propostas, alcanza estes días a súa duodécima edición, coa participación dun total de 38 locais de Vilalba.

O XII Concurso de Tapas do Queixo San Simón da Costa arrincaba o pasado xoves 21 e estenderase ata o domingo 31, unha vez máis con dúas modalidades de competición: creativa, á que concorren catro locais, e tradicional, na que participan os 34 establecementos restantes.

CONCURSO TAPAS VILALBA (3)Os pratos poderán probarse todos os días pola tarde, no horario habitual de tapas —os negocios que así o queiran tamén poderán servilas en horario de mañá— e a fin de semana deberán ofertarse tanto a mediodía coma pola tarde. As tapas tradicionais serviranse ao prezo único de 1,5 euros, mentres que o custo das creativas vai dos 2,5 aos 3,5 euros

O público poderá valorar todas as propostas e terá nas súas mans unha doble responsabilidade, por unha banda, escoller a mellor tapa en cada unha das modalidades, e por outra, definir cales serán as catro finalistas que catará o xurado profesional —as creativas, ao ser só catro, están directamente clasificadas— o sábado 6 de abril pola mañá, a partir das 11.30 horas, na final que se celebrará na Praza da Constitución na primeira xornada da XXV Festa do Queixo San Simón da Costa.
Os oito finalistas prepararán as súas respectivas tapas en directo, ante o público que queira asistir e o xurado, que estará formado por tres cociñeiros profesionais, un representante da Asociación de Queixeiros de San Simón da Costa e a concelleira vilalbesa Cheri Grandío.

CONCURSO TAPAS VILALBA (1)Ademais, todos aqueles clientes que saboreen un mínimo de dez tapas, entrarán no sorteo de diferentes premios, coma lotes de queixos, ceas para dúas persoas ou estancias en hoteis. O folleto da ruta tamén presenta este ano unha novidade, pois no canto do mapa coa localización dos 38 locais participantes, recolle unha fotografía da tapa ofertada pola maioría deles. 

Como é costume, o concurso de tapas promóvese como introdución da Festa do Queixo de San Simón, que este ano cumpre 25 anos. Ademais do día 6, no que o actor Luis Zahera lerá o pregón, tamén se celebrará o 7, día no que están previstos showcookings de Jacobo Santeiro e Marcos Morán.

AS 38 PROPOSTAS
Creativa
A Nova RutaCubitos de pataca confitada con alioli de San Simón
ParadorCapricho de San Simón
Mesón do CampoAs viaxes de Simón
80/20 Cocktail LoungeSan Simón da Costa do Caribe
Tradicional
TeymaBrocheta de mar ao San Simón
A Taberna de MíchelSan Simón estilo Míchel
OasisCapricho de bombón
Stama Flamenquín
A TabernaMiniburguer celta San Simón
Luar Os picos de San Simón
O PasatempoSol ou lúa de San Simón
Lembranzas Segredo de San Simón
O PorrásRaxo ao San Simón
A PraviaDioni ao San Simón
A Casa da Xaquinas Roliño de mar ao San Simón
TrébolFilete de pavo con pataca panadeira gratinado con San Simón
Siglo XXMos ao San Simón
Sunday Bombón ao queixo San Simón
CasablancaCarpaccio de salmón con virutas de queixo e salsa de Módena
VanesaChipirón recheo de San Simón en cama de risotto
RuadaVisto e non visto
EstudianteTiras de ibérico Guijuelo
La Casa del Lobo Lobo de queixo
Taberna Guerrero 2.0Descubre o mexillón
Xoldra Torrado de queixo
A Lareira San Simón molón
Cristal Lacón celta ao San Simón
Centro Cultural e RecreativoVen probala!
O PoteArrolladito de fideque
Centro
A CarballeiraPan bao ao San Simón
Alborada VintageGalicia calidade
Mesón Carballo ▶ El pecado de MonguelSegredo da montaña
O PorrónSegredo do Porrón ao San Simón
Puro TeatroDulce San Simón
Madalena Volvendo á terra
Macar Roliño de carne ao San Simón
Pafe Malo será

Comentarios