Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

San Nicolás: a cabalo ao pé do santo

Organizadores da ruta e da romaría de San Nicolás. C.PÉREZ
Organizadores da ruta e da romaría de San Nicolás. C.PÉREZ

A capela da parroquia guitiricense do Buriz acolle este domingo, día 19, una romaría popular que por primeira vez organizan cinco cabaleiros da zona

O ano pasado, un grupo de afeccionados aos cabalos de Guitiriz organizou a primeira ruta ecuestre do San Nicolás, na parroquia do Buriz, unha convocatoria que colleitou un grande éxito, con máis de 400 asistentes á multitudinaria comida que centrou unha xornada na que tamén houbo unha ruta a cabalo e probas ecuestres.

Cinco dos promotores deste encontro cabalar, Ceci, Juan de Germán, Miguel de Vitorio, Miguel de Minero e Víctor de Sancibrao, apostan por repetir experiencia este ano, aínda que indo un paso máis aló, ao enmarcar o paseo ecuestre na recuperada romaría do San Nicolás. Esta festa facíase antigamente en agosto, cando os segadores volvían de Castela, e varios veciños apostaron por recuperala hai uns anos, logo da rehabilitación da capela de San Nicolás e San Lourenzo.

A romaría inclúe unha ruta e unha xincana cabalar, ademais de misa, xantar popular, liscada e animación musical 

A festa xa contara en varias edicións cunha ruta ecuestre, polo que unificaron convocatorias mantendo a tradición de facer a romaría en agosto. E coa recepción dos cabaleiros ao pé da capela, para dar saída á ruta que incluirá pinchos no camiño, comezará precisamente a cita do domingo 19, que tamén incluirá unha xincana pola tarde.

O programa complétase cunha misa na capela de San Nicolás ás 13.00 horas, seguida da sesión vermú amenizada polo dúo La Hora Bruja, que tamén tocará a partir das 20.30 horas, introducindo a liscada gratuíta fixada para as 21.30. Ademais, haberá colchonetas gratis para os nenos, sorteo de regalos e un agasallo para todos os asistentes.

Os promotores da festa esperan crear unha asociación de cabaleiros para seguir organizando este tipo de eventos

E por suposto, non faltará un gran xantar a base de polbo e churrasco, servido pola Pulpería Taboada. O custo é de 20 euros e os interesados teñen de prazo ata mañá mércores para apuntarse, chamando ao 619.43.45.76 ou ao 659.67.10.56.

"Esperamos repetir a convocatoria e se é posible superala", indican os organizadores, que adiantan tamén o seu desexo de ir un paso máis alá e crear a asociación ecuestre Cabaleiros do Buriz, para que a xuntanza de San Nicolás teña continuidade no tempo, sen descartar outras posibles propostas, tendo en conta que "na parroquia hai uns 20 afeccionados e ao redor de medio cento de cabalos", precisan.

San Nicolás: a cabalo ao pé do santo
Comentarios