Recunchos a descubrir

San Cosme da Montaña: Lugar de culto e fe ao santo viaxeiro

A ermida, situada ao pé da rotonda da Xesta que enlaza a A-8 e a N-634, recibe a centos de fieis cada 27 de setembro
Igrexa de San Cosme da Montaña, en Abadín. M.MANCEBO
photo_camera Igrexa de San Cosme da Montaña, en Abadín. M.MANCEBO
O lugar
O templo de San Cosme da Montaña, na parroquia de Galgao, en Abadín, está ao pé da rotonda da Xesta, que enlaza a A-8 e a N-634.
Historia
O santuario abriu ao culto o 25 de setembro de 1925 no seu actual emprazamento. Segundo as antigas crónicas xa se veneraba a San Cosme no século X nunha ermida localizada no lugar de Samordás.
Curiosidade
Nunha das paredes exteriores da igrexa hai un chamativo esmoleiro. É un burato cuberto cunha tapa de madeira que xira e permite ver dende fóra os santos e a virxe.

A ermida de San Cosme da Montaña é un dos referentes que sitúan a Abadín no mapa, xusto onde se unen xeograficamente a Terra Chá e A Mariña.

GALGAO ABADÍN (22)Centos de fieis das dúas comarcas achéganse ata este emprazamento cada 27 de setembro, o día grande no que a fe se fai máis notable cunha multitudinaria romaría na que non faltan as candeas, os exvotos e as penitencias para pedirlle favores a este santo viaxeiro.

E é que segundo contan as lendas, a primeira capela na honra ao San Cosme estaba noutro lugar de difícil acceso, tamén na parroquia de Galgao. Quizais por iso o santo decidiu desaparecer e reaparecer nesta localización, o que motivou que fose elixida finalmente para construír o novo templo.GALGAO ABADÍN (93)

Houbo algún veciño, non contento co cambio, que volveu trasladar o santo, a última das viaxes dunha imaxe que hoxe se pode ver a través dun chamativo e curioso esmoleiro.

Este é só un dos atractivos do santuario, que era visita obrigada dos peregrinos que se adentraban no Camiño Norte de Santiago ata que se construíu a A-8, que cos seus intermitentes peches na Xesta pola néboa lle devolveu algo de movemento. Pero en si, a tranquilidade é a protagonista ao carón deste impoñente templo.

Comentarios