domingo. 27.09.2020 |
El tiempo
domingo. 27.09.2020
El tiempo

Sáldase sen feridos a saída dun camión en Begonte

Un guindastre retira o camión que envorcou en Saavedra. S.I
Un guindastre retira o camión que envorcou en Saavedra. S.I
Un carril da LU-541 estivo cortado mentres un guindastre retiraba o vehículo

Unha saída de vía dun camión á altura de Saavedra, en Begonte, saldouse sen feridos. O accidente ocorreu a primeira hora da mañá deste domingo, arredor das 7.40 horas, cando o vehículo, que transportaba leite, saía da estrada LU-541 pola marxe dereita, en dirección a Vilalba.

O ocupante puido saír sen feridas, pese ao aparatoso do sinistro. Pouco antes das 12.00 horas restableceuse a circulación nos dous sentidos da LU-541, xa que un dos carrís tivera que ser cortado para proceder á retirada do camión cun guindastre.

Sáldase sen feridos a saída dun camión en Begonte